top of page

BIOGRAPHY

 

A miña historia

Laura LaMontagne (Lugo, 1993) é unha cantante, poetisa e amateur do audiovisual. Descubriu no acto de recitar un lugar idóneo para a expresión artística grazas a asistir aos recitáis santiagueses de Caldeirería 26, Serpes na Cachola, os Slam Poetry de Compostela e, máis recentemente, á Noite Poética de Lugo.

 

Durante o ano 2018 comenzou o seu proxecto en solitario no que mistura audiovisual, poesía e música; concertos con título propio: “La Elegía de la Huerta”.

Acompaña a este proxecto un poemario autoeditado co mesmo título ademais dunha proxección que se guía polo que se canta e se conta. Foi presentado en setembro de ese mesmo ano na librería Numax de Compostela.

Este poemario explora con raiba e dulzura a cruda e horrible realidade que sufren os animáis que comparten espazo connosco, tanto a nivel físico como simbólico. Sen lugar a dúbidas, estes escritos se posicionan a favor da interseccionalidade das loitas antiespecista e feminista. As ilustracións de Belén Cordero (fotógrafa da revista VivaLugo) dotan a estes poemas de imaxes para a memoria e para a reflexión.

 

También traballou na curta experimental da realizadora Sara Iglesias “Os Remedios”, curta co-gañaadora no concurso “A Fume de Carozo” organizado polo Laboratorio Audiovisual de Vedra na que tamén participaron Patricia López, David Rodríguez e Ada Seoane.

“Os Remedios” é unha peza experimental, rodada na pequena capela da Nosa Señora dos Remedios, na parroquia de Trobe (Vedra). Un imaxinario de alabanza á choiva construido con imaxes caleidoscópicas de ambiente onírico ao redor dunha composición sonora e un poema de Laura LaMontagne titulado “Os 18 nomes do Remedio”.

Xunto a Sara Iglesias, protagonizou o videoclip da canción “Papá Borracho” da banda Ataque Escampe dirixido por Mar Catarina.

 

Atreveuse co cine no 2017. A súa primera vez como actriz foi na ópera prima de Anxos Fazáns “A Estación Violenta”, na cal a súa canción “Azulejos” forma parte do universo musical da película.

​

Protagonizou, xunto a Frank Sieiro, a curta experimental “El Acto de Ver”  da directora novel Noemí Iglesias (Pontevedra).

​

​

Actualmente desenrola o seu traballo xunto con PicoAmperio (Pedro Cuntín Paz), Dj e productor.

Na súa proposta misturan música medieval galaico-portuguesa, ambiente hip hop e poesía, poñendo especial atención nas obras de Martín Codax, Airas Nunes, Rosalía de Castro ou Fernando Pessoa. Melodías suaves, bucles vocáis, persusións marcadas e atmósferas rascadas son elementos pilares da súa particular expresión artística. Con impulso Beatnik, mostran a raiba e o desacougo dunha viaxe turbulenta coma a vida.

 

Durante este primeiro ano de vida, pasaron por festiváis como Atardeceres no Gaiás, Agrocuir, Eidos Fest, Cantos na Maré e San Froilán. Aportaron música á apertura da exposición "Galicia. Un relato no mundo", pasaron polo programa musical FEEEL, da canle BETEVé de Barcelona, polos ciclos MUBEA na Alhambra en Granada e conseguiron o primeiro posto na lista "10 Demoscópicos Galicia-Castilla León 2019" de Mondosonoro. Neste 2020, o seu proxecto é finalista na VII edición dos Premios Martín Códax da Música, na categoría de Músicas Urbanas.

bottom of page